O Grupo EJE (Grupo Español de NovosEpidemiólogos/as) é unha asociación, da cal xa formamos parte máis de 250 profesionais menores de 36 anos vinculados á Epidemioloxía e á Saúde Pública, e que ten entre os seus principais obxectivos:
- Achegar á Epidemioloxía e á Saúde Pública o punto de vista dos/ás mozos/as que desenvolven a súa actividade profesional e investigadora neste campo.
- Defender a interdisciplinariedade dentro da Epidemioloxía e á Saúde Pública.
- Facilitar o intercambio de coñecementos e a axuda metodolóxica entre ás/os socias/os.
- Organizar cursos e sesións metodolóxicas para avanzar nos nosos procesos formativos.
- Crear unha rede que permita a difusión de ofertas de traballo.
- Buscar apoios para mellorar as condicións laborais das/os novas/os epidemiólogas/os.
- Explorar vías que faciliten a ás/os novas/os epidemiólogas/os a realización de estanzas en institucións dedicadas a temas relacionados coa Epdemioloxía e á Saúde Pública.
- Fomentar a investigación e incentivar ás/os socias/os mediante convocatorias de premios e concursos periódicos.